Vocacións

Old Ocean’s Gray and Melancholy Waste | William Trost Richards (1833-1905) | 1885 Via

Old Ocean’s Gray and Melancholy Waste | William Trost Richards (1833-1905) | 1885 Via

comillasO seu pai mandouno á escola de mestría industrial. Era da parte de Noia, mariñeiro, decidira que o fillo había traballar onde pisa o boi.

Aos dezaseis anos, Manuel dixo que quería ir ao mar.

O vello coñecía un método mellor que discutir. Encomendouno a un patrón amigo. Ía escaldalo na primeira marea. Embarcou nun dos tres últimos bous que quedaban na Coruña. Unha auténtica cañeira. Pasou o tempo todo en cuberta, molladiño, cheo de frío, facendo o raúl. Isto é, o son que emite o estómago cando se vira do revés. Queixábanse os veteranos: para que meteran medioshomes no barco. Preguntouse mil veces por que non quedaría na casa estudando. E xurou solemnemente nunca máis volver embarcar: “Cando saltei a terra o primeiro que vin foi o meu pai. E non dicías que era tan duro o mar? Este choi faino calquera.” Xa non hai volta atrás. Destino laboral: Gran Sol.

Contos do mar de Irlanda
Xurxo Souto

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s