O enterro do Soneira

O Soneira o tiña claro: quería enterro con música de gaita e que o gaiteiro de volta do camposanto parara en cada tasca do camiño e bebera a sua honra. Os 70 anos, tres matrimonios e dous fillos, este labrego de Riazor que vivía en Cristais pasou a situación na que debía cumplirse o seu desexo.

E alá foi o gaiteiro no medio dunha numerosa comitiva fúnebre que quería foliada. Pero todo o que tiveron foi o Miserere da orquestra de capilla porque “la autoridad” non deixou tocar a gaita. Cando deron terra o Soneira o gaiteiro arrancouse na porta do cemiterio pero tamén alí o prohibiron.

Non se sabe en qué momento “la autoridad” considerou que xa non era unha falta de respeto que o gaiteiro cumplira a vontade do finado pero á cronica di que cando empezou non parou, faltando incluso a promesa de parar en todas as tascas… ¡e que lle debía varias pezas o Soneira! Unha “crecida turba” seguiuno por toda a cidade ata rematar na casa do defunto en Santa Margarida.

Foi na Coruña, alá polo 1898, ano de mortos a moreas que non mermou a estatística de mexericas.

soneira

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s