Etimoloxías populares

O Boído   Google Maps.png

O máxin dos campesiños tan dados ás lendas forxou quiméricas e fabulosas combinacións para procura-la etimoloxía dalgúns lugares, aldeas e ríos de Galicia. Así, da actual parroquia de Ardemil (Ordes) contase que en tempos lendarios dos mouros, estes foron derrotados naquela contorna; un milleiro se refuxiou naquela aldea, negándose a rendérense, polo que os sitiadores incendiaron o lugar e todos morreron. O arderen e queimarse os mil, a aldea recibiu o nome que leva de Ardemil. O catedrático don Armando Cotarelo Valledor, que esculcou e publicou moitas e interesantes cousas de Galicia mentres honrou as aulas compostelás, recolleu na comarca de Arzúa a popular etimoloxía de Boimil e Boído, ademais de Boimorto. A orixe de tales nomes para os veciños da contorna está en que indo por alí un gandeiro con moitos bois (Boi-mil), perdéuselle un deles (Boi-ido), que foi perseguido polos mozos, ata matalo (Boi-morto). Outra lendaria etimoloxía popular é a da parroquia de Collantres, á beira de Betanzos. A Sagrada Familia facía unha viaxe por Galicia e ó chegaren alí, cansos da camiñata e fatigados pola calor, sentaron á sombra dunhas árbores, onde había algunhas maceiras. O Neno Xesús tiña sede, San Xosé procurou unha fonte e, ó non a atopar preto, saiulle unha velliña dicíndo que o Neno se podía refrescar cunha mazá, ofrecéndolle varias; e ó ir San Xosé coller unha, a compasiva muller instounos: collan tres, collan tres, unha para cada un; e dende entón vense chamando Collantres. Non menos curiosa é a etimoloxía do río Mandeo ou Mandeu que, segundo vella tradición, debe o seu nome ó feito de que durante as correrías por Galicia dos mouros estes acamparon ñas marxes daquel río de Betanzos; xurdiron diferencias entre os coudeis no tocante á táctica a seguir; non se puxeron de acordo e un deles, o máis ousado, impuxo a súa vontade, exclamando: Aquí mando eu. Foi así como ficou o río co nome de mando eu e, por contracción, Mandeu.

Breviario enciclopédico
Eladio Rodríguez

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s